O Concello de Oroso celebra este venres o seu Irmanamento coa localidade portuguesa de Góis.
O Centro Cultural de Usos Múltiples acollerá ata o 15 de outubro a II Mostra Internacional Oroso Arte 2007, na que participan máis de cincuenta artistas internacionais.
Artistas participantes en Oroso Arte 2007 protagonizarán o programa “Arte na rúa”, co cal o Concello de Oroso busca achega-lo arte aos veciños e veciñas do municipio.
O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o presidente da Cámara Municipal de Góis, José Girao Vitorino, asinarán este venres o Protocolo de Irmanamento entre o concello orosino e esta localidade portuguesa, pertencente ao distrito de Coimbra. O acto institucional celebrarase no Centro Cultural de Usos Múltiples.
Previamente, a delegación de Góis será recibida na casa consistorial, onde asinarán no Libro do Concello. A delegación portuguesa estará composta polo presidente da Cámara Municipal de Góis, José Girao Vitorino; o presidente da Asemblea Municipal de Góis, José Antonio Pereira de Carvalho; e o Gobernador Civil do Distrito de Coimbra, Henrique Fernandes. Esta recepción terá lugar ás 11:30 horas.
Quince minutos despois, ás 11:45 horas, a corporación municipal de Oroso recibirá ao resto das autoridades locais, provinciais, autonómicas e estatais invitadas ao irmanamento. Entre os asistentes figuran o subdelegado do Goberno en Galicia, José Manuel Pose Mesura; a directora Xeral de Administración Local, Matilde Begoña Rodríguez Rumbo; a directora Xeral de Protección Civil, María Esther González Saavedra; e o deputado provincial Antonio Salvador Lagares Pérez, en representación da Deputación da Coruña.
Despois do acto de irmanamento, ás 13:15 horas terá lugar unha mesa de traballo na que participarán autoridades portuguesas e galegas. O obxectivo deste encontro é compartir experiencias entre as distintas administracións presentes. Ao remate desta mesa de traballo, ás 14:00 horas, terá lugar unha comida de confraternidade coas autoridades presentes. O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, asegura que este irmanamento co concello de Góis “non é un simple acto protocolario, senón o froito dun interese por compartir actividades e cultura entre ambos municipios nos anos vindeiros”. Non en van “Oroso e Góis son dous concellos pequenos con moitas similitudes na súa relación cos ríos e cun tremendo dinamismo social e cultural”, explica Mirás Franqueira.
Góis é unha localidade portuguesa pertencente ao Distrito de Coimbra, situada a 140 quilómetros de Oporto e composta por cinco “freguesías” (parroquias). Cuns 5.000 habitantes, trátase dunha localidade que, ao igual que Oroso, ten unha profunda relación cos ríos. Nesta ocasión trátase do río Ceira que, segundo reza na páxina web de Góis, caracteriza a esta localidade como un concello “entre o río e a montaña”. Asemade, trátase dun municipio cun gran dinamismo social e cultural, como demostra a celebración do certame internacional Góisarte. Unha mostra que este ano chegou á súa undécima edición, na que participou o Concello de Oroso enviando unha obra do pintor Manuel Vázquez Alemán e realizando unha selección de artistas para esta mostra de arte internacional.
Oroso Arte 2007
De feito, o Góisarte está moi presente nunha das primeiras actuacións de colaboración entre os municipios irmáns de Oroso e Góis: a celebración da II Mostra Internacional Oroso Arte 2007, que será inaugurada este venres ás 19:00 horas. O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, será o encargado de inaugurar esta exposición, que recolle obras de máis de cincuenta artistas internacionais e que inclúe pezas de pintura, fotografía e escultura.
O acto terá lugar no Centro Cultural de Usos Múltiples de Sigüeiro, onde a mostra poderá ser visitada ata o vindeiro 15 de outubro. O acto de inauguración contará coa presenza das autoridades que compoñen a delegación de Góis, membros da corporación municipal de Oroso, representantes das Administracións provincial e autonómica, así como máis dunha trintena de artistas de diferentes países, que ben participan na exposición ou o fixeron nalgunha das mostras celebradas en Oroso nos últimos anos. O acto rematará cun concerto de música a cargo de Mini e Mero.
Arte na rúa
Para a xornada do sábado están previstas varias visitas culturais da delegación de Góis a lugares emblemáticos do concello de Oroso, como o paseo fluvial do Carboeiro, á parroquia da Senra (onde visitarán unha exposición etnográfica organizada co gallo da malla celebrada o pasado mes de agosto) e o Refuxio, onde terá lugar un xantar campestre amenizado coa actuación do grupo folclórico Lembranzas do Tambre.
Asemade, artistas que expoñen as súas obras no certame Oroso Arte 2007 participarán no programa “Arte na Rúa”, para achegar o arte aos veciños e veciñas de Oroso. Ás 11:00 horas e ás 18:00 horas, artistas participantes na mostra traballarán na creación dunha nova obra no entorno do Centro Cultural de Usos Múltiples e na Praza do Concello. Deste xeito, o Concello de Oroso pretende que os veciños e veciñas do municipio entren en contacto directo cos artistas, observando o proceso creativo e mesmo tendo a posibilidade de intercambiar impresións cos autores.
in http://www.concellooroso.com

Etiquetas: câmara municipal, góis, góisarte, oroso
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home