quarta-feira, 11 de julho de 2007

O Alcaide presenta o irmanamento entre Oroso e a localidade portuguesa de Góis

Manuel Vázquez Alemán é o artista que representa ó concello na mostra de arte internacional Góisarte 2007

A próxima fin de semana culmina en Portugal o proceso de Irmanamento entre o concello de Oroso e a localidade portuguesa de Góis. O alcalde orosino, Manuel Mirás, presentará en rolda de prensa as actividades que se levarán a cabo nos próximos días con motivo desta actividade de intercambio cultural.

Durante o encontro cos medios de comunicación tamén se explicará cal é a obra que representa ó concello de Oroso na mostra de arte internacional Góisarte 2007. O artista Manuel Vázquez Alemán, que viaxará coa comitiva oficial a Góis, comentará a súa vinculación co concello e os aspectos máis destacados da súa obra pictórica.


Na rolda de prensa intervirán:

Manuel Vázquez Alemán, artista representante do concello en Góisarte 2007.

Xulio Villaverde, comisario Oroso-Goisarte e colaborador en Góisarte 2007.

Manuel Mirás, alcalde de Oroso.
in www.concellooroso.com

Etiquetas: , ,