Oroso e o municipio portugués de Góis convértense en concellos irmáns.
O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, destaca a importancia de establecer lazos de cooperación entre municipios para “acadar xuntos un maior benestar para os nosos veciños e veciñas”.
As delegacións de Galicia e Portugal mantiveron una reunión de traballo na que acordaron manter contactos periódicos para intercambiar experiencias e desenvolver traballos en común
O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o presidente da Cámara Municipal de Góis, José Girao Vitorino, asinaron este venres o Protocolo de Irmanamento entre o concello orosino e esta localidade portuguesa, pertencente ao distrito de Coimbra. Un acto celebrado no Centro Cultural de Usos Múltiples de Sigüeiro no que Manuel Mirás destacou “a importancia que ten hoxendía establecer fluidas relacións entre os concellos, non só con irmáns coma Góis, senon tamén cos municipios do noso entorno máis cercano”. Uns lazos que, segundo Mirás Franqueira, “són para nós un auténtico compromiso de colaboración, cooperación e solidariedade para acadar xuntos un maior benestar para os nosos veciños e veciñas”.
Neste sentido, o alcalde de Oroso destacou as particularidades que unen aos concellos de Góis e Oroso, entre as que citou elementos naturais (“xa que Oroso é o concello dos seis ríos e o río Ceira é un importante sinal de identidade para Góis”) e patrimoniais (xa que ambos municipios forman parte do Camiño de Santiago). Asimesmo, Mirás apuntou que “Oroso e Góis teñen unha importante actividade social e cultural” e comprometeuse a “seguir traballando para potenciar estas inquedanzas sociais e culturais”.
Pola súa banda, o presidente da Cámara Municipal de Góis, José Girao Vitorino, destacou a importancia deste irmanamento xa que “actos e palabras como as de hoxe teñen a forza para transformar e mostrar ás xeracións futuras o camiño que estes dous municipios iniciamos en conxunto, como dous amigos que se atopan nunha caminata”. Asimesmo, Girao Vitorino loubou a “entusiasta defensa” realizada polo alcalde de Oroso de cara á rúbrica deste irmanamento.
Tamén dende a delegación portuguesa, o presidente da Asemblea Municipal de Góis, José Antonio Pereira de Carvalho, asegurou que este irmanamento era “un contrato de honor de cara a conseguir un maior coñecemento e relación entre as poboacións dos nosos concellos”. Finalmente, o Gobernador Civil do Distrito de Coimbra, Henrique Fernandes, defendeu o irmanamento entre Oroso e Góis como “unha promesa de actividade para o presente e o futuro, de intercambio de boas prácticas para progresar na calidade de vida dos cidadáns”.
A representación galega neste irmanamento contou, ademais do alcalde de Oroso, co subdelegado do Goberno en Galicia, José Manuel Pose, quen asegurou que o irmanamento de Oroso coa localidade portuguesa de Góis “é un exemplo que deberían seguir moitos concellos para que, deste xeito, todos nos sintamos irmáns”. Un punto no que tamén incidíu a directora Xeral de Administración Local, Matilde Begoña Rodríguez Rumbo, quen afirmou que dende o seu departamento “estaremos moi atentos ao desenvolvemento deste irmanamento para que sexa algo trasladable a outros municipios”. En representación da Deputación da Coruña, o deputado Antonio Lagares loubou este irmanamento entre municipios asegurando que “temos que estar todos moi xuntos, porque a unión fai a forza”.
Mesa de traballo
Despois do acto de irmanamento, as autoridades presentes participaron nunha mesa de traballo celebrada nun despacho do Centro Cultural de Servizos Múltiples. Un encontro que as distintas autoridades, tanto por parte galega como portuguesa, aproveitaron para estreitar lazos e compartir experiencias sobre o quefacer diario ao fronte das súas respectivas administracións.
Deste encontro xurdíu un compromiso de incrementa-lo traballo en común no futuro. Así, as delegacións galega e portuguesa acordaron manter contactos periódicos entre as distintas administracións e fixar un calendario de reunións. A primeira delas podería ter lugar en próximas datas no municipio de Góis, atendendo a unha invitación realizada hoxe mesmo polo Gobernador Civil do Distrito de Coimbra, Henrique Fernandes.
Góis é unha localidade portuguesa pertencente ao Distrito de Coimbra, situada a 140 quilómetros de Oporto e composta por cinco “freguesías” (parroquias). Cuns 5.000 habitantes, trátase dunha localidade que, ao igual que Oroso, ten unha profunda relación cos ríos. Nesta ocasión trátase do río Ceira que, segundo reza na páxina web de Góis, caracteriza a esta localidade como un concello “entre o río e a montaña”. Asemade, trátase dun municipio cun gran dinamismo social e cultural, como demostra a celebración do certame internacional Góisarte. Unha mostra que este ano chegou á súa undécima edición, na que participou o Concello de Oroso enviando unha obra do pintor Manuel Vázquez Alemán e realizando unha selección de artistas para esta mostra de arte internacional.
in http://www.concellooroso.com

Etiquetas: fotografia, góis, oroso
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home